A rúa dos Cesteiros é unha característica ruela do barrio histórico de Vigo que parte da Praza da Constitución e nos transporta no tempo ata un pasado de artesáns e comerciantes no Vigo antigo. Os característicos cestos e sombreiros feitos a man altérnanse con pezas de cerámica e xoiería artesá. Tamén é un lugar perfecto para facer un alto no camiño e picar algo no centro de Vigo, nalgunha das súas clásicas tabernas. Ao final da rúa, un atópase coa Casa de Ceta, un singular palacete urbano do século XV situado na Praza de Almeida.
Fuente: turismodevigo.org