O Hotel Argentino é un novo establecemento en Vigo con todas as vantaxes que iso supón: impecable e moderno no seu equipamento, no seu mobiliario e no seu deseño.

No interior todo é innovador e sorprendente, pensado para un público que desexa un aloxamento exclusivo, cheo de detalles realizados con bo gusto e acorde coas tendencias actuais de interiorismo.

O hotel nace froito do esforzo dunha familia e distínguese polo seu estilo persoal e polo seu ambiente confortable e acolledor.

O seu moderno concepto de servizo susténtase nos fundamentos da hospedaxe tradicional.

O acolledor tamaño do hotel forma parte do seu especial encanto, xa que o hóspede respira aquí toda a calidez dos establecementos pequenos.

Características de Durmir/descanso

  • Estrelas 2
  • Admítense animais Si
  • Internet Si
  • Wifi Si
  • Secador de pelo en habitacións Si
  • Servizo de habitacións Si
  • Servizo de lavandería Si
  • Servizo de planchado Si
  • Centrico Si