O Hotel México estó situado no centro de Vigo, nunha localización privilexiada con excepcionais vistas á Ría e a un paso da zona comercial, monumental e de lecer.
É un hotel urbano de 3 estrelas nun edificio de estilo contemporáneo que conta con 104 habitacións de moderno equipamento e 2 plantas de aparcadoiro.
A planta baixa, cun deseño que aúna comodidade e funcionalidade, dispón dunha ampla e luminosa Recepción, un Bar minimalista e un orixinal Restaurante cunha variada selección de menús, tamén para grupos e eventos especiais.
E sobre todo, unha superficie de 450 m2 de salóns cuxa versatilidade facilita diversas distribucións para a realización de actividades como congresos, conferencias, presentacións, reunións de empresa, banquetes, etc.