Illas Cíes

As Illas Cíes son o maior tesouro da ría de Vigo: un incrible Parque Nacional Marítimo-Terrestre de España e un dos lugares máis fermosos do país, de aí que os romanos lles puxeran o nome das illas dos deuses.

O arquipélago de Cíes son 3 illas: Monte Agudo, O Faro e San Martiño. As 2 primeiras unidas por un longo areal: a praia de Rodas, a mellor praia do mundo, segundo The Guardian.

Cíes forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas: un paraíso de praias paradisíacas e augas cristalinas, cun contorno natural que o converten nun observatorio de fauna e flora único.

Unha visita a Cíes é ideal tanto para practicar sendeirismo en familia como para unha escapada en busca de praias virxes e tranquilas. Pódese facer unha excursión dun día en barco a Cíes ou alugar un iate en Vigo. Ou, se prefires, pasar unha fin de semana en Cíes de acampada. Ademais, é un lugar excepcional para mergullar na ría de Vigo e, con sorte, poderás nadar rodeado de arroaces (os golfiños autóctonos, de menor tamaño).

Información útil:

  • É un espazo protexido, non se permite deixar residuos no parque.
  • Para pasar a noite é necesario unha solicitude previa.
  • Importante levar protección solar.

Máis información: http://www.iatlanticas.es/

Villetes e horarios:
Naviera Mar de Ons
Naviera Nabia
Cruceros Rías Baixas

Camping


fonte: turismodevigo.org