Bandera azul 2016
A praia de Fortiñon-Os Muiños áchase a continuación do areal de O Fontiño entre Punta Novío e Punta de Priegue nun ámbito semiurbanizado. Ten forma de pequena cuncha e a súa area é de cor branca e gran fino. Praia resgardada, ventosa e con ondada moderada o que favorece a práctica do baño. Pódese acceder a ela ben a pé ben mediante coche ou ben mediante a liña de autobús que vai dirección a Saiáns. O porto deportivo máis próximo é o de Baiona e o Hospital máis próximo é a Residencia Sanitaria Xeral-Cies situada na cidade de Vigo.
Fuente: turismo.gal